Esta actividade está deseñada para levar a cabo a implantación da figura do coordinador/a de benestar e protección tal como recolle a Lei 8/2021 de protección integral da infancia e da adolescencia que establece que todos os centros educativos onde cursen estudos persoas menores de idade deben ter esta figura. Será impartido por Paula Abelleira Sánchez, orientadora de IES do Camiño de Palas de Rei (Lugo) Actualmente imparte formacións de “Coordinador de benestar e protección educativa”. Realizarase online ou presencial, do 18 de novembro ao 16 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas. Máis información e matrícula: extension.uned.es/actividad/40369&codigo=CDBYP
A UNED de Lugo organiza a segunda edición dun curso dedicado á figura do coordinador de benestar e protección educativa
A UNED de Lugo organiza a segunda edición dun curso dedicado á figura do coordinador de benestar e protección educativa
Relacionado
-
Ortigueira mellora o acceso ao Banco de Loiba coa rehabilitación do Camiño Natural do Roteiro do Cantábrico
-
O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia
-
O Concello de Cariño acollerá este domingo, 24 de novembro, o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da artista A Meiga Fani