Foz, 30 de outubro, 2024. Valoración da Plataforma de afectados do pleno extraordinario e urxente celebrado onte en relación co recurso presentado por CK Senior Xestion ao Tacgal (Tribunal Advo.da Comunidade Autónoma de Galiza)
1.- Produciunos unha profunda decepción que o Alcalde e o seu grupo perseveren en considerar que á axuda que estamos pedindo para paliar a brutal subida de mais de 700€ de media ao mes non sexa de interese público tal e como así a considerou o Concello no acordo do Pleno do dia 26 do mes pasado. Observamos que no Pleno de onte o Alcalde e o seu grupo estaban só interesados en proporcionarlle un traxe á medida a empresa CK Senior Xestión para o seu recurso diante do Tacgal (Tribunal Advo.da Comunidade Autónoma de Galiza) que en atender as xustas demandas dos usuarios e familiares de usuarios da Residencia e Centro de Dia para paliar a suba desproporcionada das tarifas que se pretenden implantar.
Neste sentido, produciunos sorpresa e desagrado que no receso que solicitou o Alcalde para pensar o sentido do voto do seu partido, saíse tamén co grupo político do PSOE a secretaria municipal. Incluso nun momento dese receso, a Concellala de Economía, a Sra. Inés Couto, volveu ao lugar da secretaria para apropiarse do seu ordenador sen dar ningún tipo de explicación, feito que aínda agudizou máis o noso desconcerto. Pensamos que a secretaria se debe a todos os membros da corporación, todos eles representantes lexítimos dos veciños e veciñas de Foz, e que a o seu proceder debe ser en todo momento transparente e imparcial, circunstancia que non está a demostrar coas súas actuacións nos últimos Plenos.
2.- Agradecerlle aos grupos políticos do PP e BNG que defendesen o acordo do Pleno de 26 de setembro de anular a licitación en marcha ata que non se solucione a problemática de interese público que representa esta subida desproporcionada dos mais de 700€ ao mes de media.