O alcalde, Valentín Calvín, reuniuse co director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, que se comprometeu a estudar a xestión da depuradora de Espasante
Durante o encontro, Fernández Añón avanzou o estado do proceso de licitación do novo contrato de servizo para a explotación, mantemento e conservación da EDAR de Ortigueira, o cal xa conta cunha proposta de adxudicación.
Pola súa banda, Calvín expresou o seu interese en que a entidade autonómica tamén asuma a xestión da depuradora que dá servizo ao núcleo de Espasante. O obxectivo é crear sinerxias e mellorar a eficiencia na explotación conxunta das dúas depuradoras. Desde Augas de Galicia comprometéronse a realizar os traballos técnicos previos necesarios para coñecer en detalle o funcionamento da instalación en Espasante e estudar a viabilidade de asumir a súa xestión.
Esta reunión reafirma o compromiso do Concello de Ortigueira en mellorar a xestión do ciclo da auga, en liña coas oportunidades ofrecidas pola nova Lei de mellora do ciclo integral da auga, que permite que a Xunta de Galicia asuma parte da xestión municipal da auga, apostando por unha xestión máis profesional e especializada.