Site icon Crónica3.com A Mariña

“A pésima planificación das obras de reafirmado en varias rúas provocou un atraso de 2 semanas na súa execución”, afirma o PP de Burela

Os populares afean que “o goberno bipartito sempre trate de culpar a outros: nesta ocasión aos veciños que non fixeron caso á pésima e mal planificada sinalización realizada polo propio goberno na zona”

Burela, 15 de outubro de 2024. Os concelleiros do PP inciden unha vez máis “na pésima planificación do bipartito encabezado pola señora López Moreno á hora de realizar obras en Burela”. Os populares advirten que “nesta ocasión provocou o atraso de ata 2 semanas nas obras de reafirmado nas rúas da parte baixa da vía do tren”.

O portavoz, Manuel Rouco, afea que para o goberno local “a culpa sempre sexa doutros”. Neste caso, son os veciños e veciñas de Burela que non fixeron caso á “pésima e mal planificada” sinalización feita polo propio goberno nesta zona.

O popular sinala que “a falta de planificación provocou o enfado da empresa contratista que decidiu levar a maquinaria ata que o goberno local se dignara a elaborar unha planificación axeitada das obras”.

Dende o PP de Burela denuncia este proceder que “é moi habitual no que levamos de comezo de mandato en Burela: un suma e segue nos despropósitos do bipartito á hora de executar as obras na nosa vila”.

Exit mobile version