Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia cervense de San Román celebrará as súas festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro

O sábado e o domingo haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, ás 13:00 horas, que estará seguida de sesión vermú

Cervo, 9 de outubro de 2024. A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 11 ao 13 de outubro.

Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, polo concelleiro, Alfredo Fernández, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o venres 11, co SanroDance 2024 a partir das 23:00 horas, no pavillón da parroquia, e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DiscoMóbil Alejandro Martínez, e os DJ invitados, Marcos Peón e DJ Balbin.

O sábado 12 haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, e a continuación a orquestra Costa Dorada será a encargado da sesión vermú, que tamén protagonizará a verbena co Grupo Da Silva.

O domingo 13, volverá haber misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo e sesión vermú prolongada co Dúo Belinda.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román.

Exit mobile version