Site icon Crónica3.com A Mariña

A limpeza dos ríos, petición do PP laurentino á Xunta “ante a pasividade do goberno local socialista”

Os populares agradecen que “a Xunta tomara nota das nosas peticións para limpar os treitos interurbanos” xa que “no treito urbano estas actuacións son competencia do Concello”

Lourenzá, 29 de outubro de 2024. O PP de Lourenzá ten solicitado varias veces ao goberno local no pleno que fixera os trámites necesarios con Augas de Galicia para realizar a limpeza nos ríos do municipio nos treitos interurbanos.

“Ante a pasividade do goberno socialista”, o PP de Lourenzá pediulle á Xunta de Galicia que tomara nota da situación e das necesidades de limpeza dos ríos no noso municipio polos treitos que non pasan polo casco urbano, xa que “esa parte é competencia do propio Concello”.

Os populares agradecen a atención de Augas de Galicia que estes días está a desenvolver traballos de limpeza do curso fluvial do río Baos que inclúen a retirada de árbores caídas. Nos vindeiros días tamén se farán traballos no río Batán.

“Con estas actuacións favorécense as condicións naturais do ecosistema dos ríos, ademais de manter unha boa imaxe e evitar posibles inundacións”, segundo destacan dende o PP laurentino.

Exit mobile version