O presunto autor subtraería do interior dunha vivenda en Ribadeo un computador portátil. A propietaria permitiu o acceso á persoa investigada, e nun descoido da súa lexitima dona o infractor ocultou o equipo informático baixo as súas vestimentas e abandoou o edificio. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.