Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, de 53 anos de idade, como suposto autor dun delito leve de furto

Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado día 18 de outubro, no interior dun establecemento comercial de Ribadeo, cando supostamente a persoa investigada aproveitando un descoido da propietaria do local subtraeu dous aneis dun expositor. No marco da investigación logrouse recuperar un dos obxectos subtraídos, continuando xestións para localizar e recuperar o outro. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postos ao dispor xudicial.

Exit mobile version