A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, subliñou que “a EMMeD de Ribadeo é o centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no Occidente asturiano”. A edil deséxalles “un bo curso ao alumnado e ao profesorado, queremos que sexa moi positivo para tod@s”.
O claustro docente da EMMeD de Ribadeo está formado por 14 profesores e profesoras, o que garante que o alumnado disporá dunha atención especializada en cada unha das materias que imparte a Escola.
O responsable da EMMeD, Hugo García, indicou que “continuaremos na mesma liña de anos pasados participando activamente nos eventos nos que o centro teña cabida, para mostrar o traballo do alumnado e profesorado ao longo do ano e dar visibilidade á EMMeD”.
Para Sanjurjo “o máis positivo é seguir mantendo o proxecto, artellar un centro vivo no que se fomente unha educación transversal, no que as alumnas e alumnos non só aprendan conceptos teóricos senón que poidan amosalos enriba do escenario, compartir experiencias con outros centros, participar en actividades que vaian máis aló da música e da danza que axuden a integrar a igualdade, a solidariedade ou o traballo en común no día a día da EMMeD”.
Desde a EMMeD agradecen o apoio institucional recibido.