Site icon Crónica3.com A Mariña

A directora da UNED de Lugo dá a benvida ao alumnado do programa UNED Sénior do curso 2024-2025

Este luns comezou oficialmente o curso 2024-2025 do programa UNED Sénior en Lugo. A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena, deu a benvida ao alumnado nun acto que marca o inicio das actividades formativas deste curso. Máis de 100 persoas inscribíronse nas distintas materias ofrecidas tanto en Lugo como nas sedes de Viveiro e Sarria. O programa UNED Sénior ofrece, nesta edición, dúas materias na sede de Lugo: Inglés Básico e Inglés Intermedio. Na sede de Viveiro, os participantes poderán gozar dos cursos de Aproximación á Historia do Cine Galego e Historia da Arte, mentres que na sede de Sarria, o alumnado poderá elixir entre Inglés para Viaxar e Tertulias Literarias.

Exit mobile version