Este luns comezou oficialmente o curso 2024-2025 do programa UNED Sénior en Lugo. A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena, deu a benvida ao alumnado nun acto que marca o inicio das actividades formativas deste curso. Máis de 100 persoas inscribíronse nas distintas materias ofrecidas tanto en Lugo como nas sedes de Viveiro e Sarria. O programa UNED Sénior ofrece, nesta edición, dúas materias na sede de Lugo: Inglés Básico e Inglés Intermedio. Na sede de Viveiro, os participantes poderán gozar dos cursos de Aproximación á Historia do Cine Galego e Historia da Arte, mentres que na sede de Sarria, o alumnado poderá elixir entre Inglés para Viaxar e Tertulias Literarias.
A directora da UNED de Lugo dá a benvida ao alumnado do programa UNED Sénior do curso 2024-2025
A directora da UNED de Lugo dá a benvida ao alumnado do programa UNED Sénior do curso 2024-2025
Relacionado
-
Xavier Queipo gaña o VI Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro com ‘Tamarindo’
-
Celeiro acolle a inauguración dun mareógrafo como parte dos actos de conmemoración do Centenario da Confraría de Pescadores Santiago Apostol
-
Con motivo do Día Mundial da Infancia, o Concello de Viveiro reitera o seu compromiso coa promoción e defensa dos seus dereitos