Alí sinalou a importancia destes festexos, os máis antigos de Galicia con 868 anos de tradición, “que desde hoxe e ata o 20 de outubro enchen de milleiros de persoas Mondoñedo, o que supón un importante revulsivo económico”. As festas arrancaron coa lectura do pregón, que nesta ocasión, correu a cargo do diplomado en Gastronomía Internacional, Dietética e Nutrición e un dos fundadores do Centro Galego de Berna en Suíza, Jesús Díaz Fernández.