Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación participa en Foz nun foro sobre a problemática da vivenda que organiza a Federación de Comercio da Mariña

O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e a Deputada Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participaron este xoves no CENIMA de Foz nun foro organizado pola Federación de Comercio da Mariña (FCAM) baixo o título Traballo na Mariña Lucense, onde vivo? No encontro, que serviu para analizar a problemática da falta de pisos de aluguer tras o auxe das vivendas turísticas, participaron ademais a presidenta da FCAM, Carmen Cruzado; o CEO de Inmoriba, Néstor Sordo; o xerente do hotel O Cabazo, Joaquín López; ou a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Tania Hermida.

Exit mobile version