A Xunta de Goberno acordou este venres licitar o contrato, por dous anos, para o mantemento e a ampliación da telefonía fixa e móbil e o acceso a internet das diferentes dependencias da Deputación de Lugo
García Porto tamén salientou que “con este acordo tamén garantiremos a conectividade en edificios de maior complexidade como o Museo Fortaleza San Paio de Narla ou no Museo do Mar, entre outros”.
“Esta contratación permitirá que os traballadores e traballadoras da institución provincial desenvolvan o seu labor nas mellores condicións posibles. Ofrecendo así un servizo á cidadanía máis áxil, próximo e eficiente”, avanzou Pilar García Porto.
Por último, recordou que o contrato terá dous anos de duración e poderán prorrogarse por dous anos máis. Nesta liña, a Voceira socialista do Goberno lembrou que “o acordo actual de servizos de comunicacións finalizará o 31 de xaneiro de 2025, polo que o novo entrará en vigor a partir do 1 de febreiro do ano que vén.”