Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pon en valor a importancia cultural e social da feira das San Lucas de Mondoñedo

Mondoñedo, 17 de outubro de 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á baixada dos cabalos polas rúas de Mondoñedo con motivo da celebración da feira das San Lucas nesta localidade, sendo a Feira tradicional máis antiga de Galicia que se segue celebrando a día de hoxe. Nela, puxo en valor esta festividade pola súa importancia cultural e social.

A feira das San Lucas é unha das máis importantes citas de gando cabalar de Galicia, na que se premia aos mellores animais, poñendo de relevo o traballo dos gandeiros. A programación festiva rematará este domingo e ao longo dos cinco días de celebración contará con máis dun milleiro de exemplares en distintas actividades.

Exit mobile version