Alí, enxalzou a importancia deste tipo de eventos, que poñen de relevo o sector apícola galego, que actúa como elemento dinamizador de moitas contornas rurais e que supón a base económica de moitas familias. Ademais, lembrou que a nosa comunidade conta cun distintivo de calidade diferenciada propio para este produto, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, que pode complementarse tamén co selo de Artesanía Alimentaria, aportándolle unha dimensión dobre ao mel producido en Galicia, poñendo o foco na súa produción tradicional.
