Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Facenda de Foz denuncia inxerencias do partido popular “por intereses partidistas”

Foz, 14 de outubro de 2024. A Concellería de Facenda de Foz denuncia inxerencias do partido popular por intereses partidistas. “O portavoz do Partido Popular de Foz é un mentiroso compulsivo. Saca unha nota de prensa de forma falaz, só por ser protagonista, pero míntelle a Foz no máis importante. O único interese do PP é que cobre o seu grupo municipal (nin sequera os seus concelleiros) senón o seu partido. Leva varias semanas preguntando que cando se lle paga. Non lle importa ningunha outra cousa, só o peto do seu partido. Saca esta nota despois da última interpelación realizada a min mesma no Pilar da Espiñeira”, manifesta Inés López Couto.

A concelleira de Facenda explica: “para aquelas persoas que non saiban como funcionan os pagos nun Concello, informar que todos eles pasan por un informe da intervención municipal (ou varios). No caso de Foz esta praza permanece desocupada e ningunha das administracións competentes para cubrila (Estado en primeiro lugar, xa que é unha praza de habilitación nacional, e Xunta de Galicia en segundo lugar) ofrecen ningunha alternativa. Non é só un problema de Foz, A Mariña estao a sufrir constantemente, polo que esiximos que se cubran estas prazas ou os concellos non poderán realizar o seu traballo”.

Inés López Couto engade: “estamos acostumados ás mentiras do señor Castiñeira, que ademais debe de pensar que a poboación non sabe que minte máis ca fala. Recordámoslle a súa mochila: en setembro do ano 2017 el mesmo afirmaba «Chamamos a academias, a colexios profesionais… hai unha preocupación grande entre moitos alcaldes de concellos pequenos e medianos pola falla de interventores», explica el regidor, quien recordó que el Concello focense llevaba más de un año compartiendo interventor: «só tiñamos interventora un día á semana.Sería convinte facer unha chamada ao Goberno central instándoo a sacar prazas de técnicos. Os Concellos debemos cumprir cos nosos compromisos e non podemos facelo sin técnicos». A hemeroteca é moi explícita”, explica a concelleira.

López Couto considera que “o PP busca con triquiñuelas cambiar o resultado das eleccións do ano 2023. Cada unha das áreas de goberno (do PSdG e do BNG) ten as súas responsabilidades e cada unha delas está traballando para axilizar os trámites o máximo posible a pesar da falla de profesionais habilitados, coas limitacións que nos proporciona o servizo de cooperación cos concellos da Deputación. Basta xa de política basura. Uns representantes públicos dignos non xogan a estas patrañas. Non llo facía ningún partido daquela e notase á súa pouca altura política ao facelo agora. Agarrase a calquera cousa para desprestixiar. Vergoñento”.

Exit mobile version