Alfoz, 15 de outubro, 2024. A ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro vén de dirixir un comunicado ás famílias confirmando a continuidade da folga:
Queridas familias,
Primeiro día de folga superado e, aínda que sen novas significativas, seguimos firmes na nosa loita. Sabemos que é pronto para recibir noticias definitivas, tanto positivas como negativas, pero o importante é que isto é unha loita de todas e todos nós! Os nosos nenos e nenas teñen que estar orgullosos de ter familias que se preocupan por garantirlles a educación de calidade que merecen.
Informarvos da boa noticia de que a Valedora do Pobo admitiu a trámite a nosa petición e xa anunciou que se porá en contacto coa Consellería para esixir a documentación necesaria para valorar o caso. Este é un paso importante e demostra que nos están escoitando.
Agora, máis que nunca, non é momento de tirar a toalla. Resistamos uns días máis, coa forza de saber que estamos no camiño correcto.
Xunt@s conseguiremos unha solución!