Site icon Crónica3.com A Mariña

Xosé Constenla cantará á memoria histórica este sábado en Burela

O primeiro sábado de outono estrea o Xebra! o seu calendario de actividades cun concerto de Xosé Constenla, que presenta en Burela o seu ábum ‘Para nunca esquecer’. Será o sábado en sesión vermú, ás 12:30 horas. O traballo musical, en plena xira de presentación, procura a xustiza a través de cinco temas nos que rescatar do anonimato as persoas represaliadas na ditadura franquista. Desde o Xebra! convidan a asistir ao evento, cuxa entrada custará 4 euros para persoas socias e 5 para as non socias. Como é habitual, a organización promete baile, música e bo ambiente para unha mañá de sábado na Mariña.

Exit mobile version