A cea estará acompañada de música en directo e teatro na rúa, coa actuación de Lila Teatro que nos presentará Rara Avis, para o goce das persoas asistentes.
Ademais, o evento contará coa actuación da Gaitaescola, que achegará o seu talento para amenizar a noite, colaborando coa Asociación Xuvenil Xoldra.
Tamén haberá sorteos e dispoñerase de carpa coa axuda da Asociación o Pasatempo.
Os beneficios obtidos nesta cea destinaranse integramente á organización do Festival Breason, que se celebrará o 9 de novembro en Mondoñedo e no que a totalidade de actividades e concertos son de balde.