Viveiro, 17 de setembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro recibiu unha nova biotrituradora para o seu uso na brigada de Parques e Xardíns do municipio.
A tenenta de alcaldesa e responsable da área de Parques e Xardíns, Miriam Bermúdez, sinala que a adquisición desta biotrituradora, xa operativa no servizo, “encádrase no noso compromiso pola sustentabilidade e o aforro económico”.
Ademais, axiña estará en funcionamento tamén outra nova biotrituradora, que estará no Punto Limpo do municipio logo de que sexan rematadas as obras de mellora no mesmo.
“Esta semana chegarán tamén un novo tractor e novas furgonetas, dentro da nosa aposta por renovar os recursos do Concello para ofrecer un mellor servizo”, adianta Bermúdez.