Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro recibe dúas novas furgonetas “cero emisións” para a brigada de Obras

Viveiro, 20 de setembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro recibe dúas novas furgonetas “cero emisións” para a brigada de Obras do municipio, que foron subvencionadas co Fondo de Compensación Ambiental.

A adquisición destas furgonetas foi anunciada no pasado mes de xullo, e xa chegaron a Viveiro no marco da renovación da frota da brigada de Obras e a súa transición cara o uso de vehículos verdes.

“Estas novas furgonetas son máis respectuosas co medio ambiente e máis eficientes, mellorando amplamente o material da antiga frota, que xa se atopaba desfasada”, sinala a tenenta de alcaldesa e responsable da área de Obras, Miriam Bermúdez.

Dende Tenencia de Alcaldía recibiuse así mesmo nos últimos días unha nova biotrituradora para o servizo para o servizo de Parques e Xardíns e un novo tractor.

Exit mobile version