Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro estrea un mural impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover “a protección da auga”

Viveiro, 16 de setembro de 2024. Unha obra gañadora do Concurso de Murais ‘People @ Planet’, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e cofinanciado polo programa DEAR da Comisión Europea, luce xa en en Celeiro, no Sillero, .

O mural de Viveiro é de Raúl Manero, alias Raúl de Carmen, e representa os ríos galegos como símbolos de pureza e de vida, mediante unha base en branco e negro sobre a que un trazado case cartográfico proporciona cor e movemento.

“Estas arterias acuáticas, esencia da nosa paisaxe, teñen un papel chave na sustentabilidade e no desenvolvemento da comunidade, de aí que a obra convide a coidalas, como redes que nos tecen”, explica o artista.

Alén desta capacidade evocadora, o xurado valorou a técnica da obra, abstracta pero propia, que espertará a curiosidade en quen a observe. Está na fachada do local de ensaio de Sillero.

Os murais seleccionados resultaron ser os que mellor ilustran o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6, que chama a “garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todas as persoas”.

A concelleira Lara Fernánez-Noriega forma parte da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, “impulsado proxectos moi importantes en zonas do mundo con extrema pobreza, polo que fago un chamamento a outros concellos a colaborar co fondo, como facemos desde Viveiro”.

Exit mobile version