O titular de Mar sinalou que resulta incomprensible o maltrato que se lle da frota galega “cando é unha das máis sostibles e respectuosas co medio ambiente do mundo”, afirmou. Nese sentido, recalcou que é o Goberno central quen defende as posibilidades de pesca no ámbito comunitario e que agora quedou patente que non había motivos para os cualificativos de “históricos” ou “moi bos” que aplicou entón o Ministerio. Por último, recordou a sentenza do mes de xaneiro do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que sinalaba que no reparto e deseño dos TAC e cotas se debe ter en conta os factores sociais e económicos. Unha resolución, entende o responsable autonómico, que avala as demandas de Galicia para que se revise o actual reparto das posibilidades de pesca.