Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares enxalza o papel dos GALP no impulso de proxectos que vertebran o territorio e o seu potencial para revitalizar o sector do mar

O titular de Mar resalta do impacto económico das iniciativas executadas cos apoios destas entidades en favor do desenvolvemento económico e social dos concellos costeiros

Santiago do Compostela, 5 de setembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro cos responsables dos Grupos de Acción Local Participativa (GALP) de Galicia no que reivindicou o traballo que se desenvolve desde estas entidade colaboradoras da Consellería do Mar no impulso de proxectos que vertebran e cohesionan o territorio costeiro da comunidade. Na xuntanza, na que tamén participaron a secretaria xeral técnica da Consellería, Marta Barreiro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, se puxo en valor o seu potencial como ferramenta para revitalizar sectores como o de marisqueo.

O responsable autonómico fixo énfase na necesidade de reforzar a difusión e divulgación das axudas xestionadas polos GALP e que están cofinanciadas con fondos da Consellería do Mar co obxectivo de chegar a un maior número de potencias beneficiarios. Nesta liña, destacou o balance do traballo realizado no período 2016-2022, no que estivo en vigor o Femp, no que se puxeron en marcha 703 proxectos dos cales o 56% foron produtivos e o 44% restante non produtivos. En total supuxeron preto de 80 millóns de euros en investimentos dos cales o 47% foi de orixe público, o que demostra a súa capacidade de captar tamén financiación do sector privado.

Por outra banda, o titular de Mar subliñou que Galicia ten os deberes feitos xa que é a primeira comunidade autónoma de España que ten seleccionados os grupos, as estratexias aprobadas e que lanza as achegas para a presentación de proxectos ao abeiro do novo fondo Fempa 2021-2027. Así, explicou que en xaneiro foi publicado no DOG as bases reguladoras para a concesión destas axudas ás que destinaranse 19,55 millóns de euros ata o 2026. Deste xeito, explicou que a Consellería do Mar xa deu luz verde a axudas por valor de 5 millóns de euros destinados a 70 iniciativas que están a impulsar concellos, confrarías, asociacións, empresas e emprendedores por toda a costa galega.

Distribución das axudas

O GALP Ría de Vigo- A Guarda é das maiores beneficiarias destas novas achegas con 11 iniciativas financiadas por valor de 1 millón de euros, seguida do GALP Golfo Ártabro Norte con 787.300 euros e 11 proxectos, o GALP Ría de Pontevedra con 706.600 euros e 8 actuacións, o GALP Ría de Arousa con 685.000 euros en 12 accións, o GALP Costa Sostible con 679.270 euros e 12 iniciativas, o GALP Costa da Morte con 608.259 euros e 6 proxectos, o GALP A Mariña- Ortegal con 295.400 euros e 6 iniciativas, pechando o GALP Golfo ártabro Sur con 200.000 euros en 4 actuacións.

Exit mobile version