Daban as 11:15 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso dun particular informando do sucedido. Comentaba aos xestores de emerxencias que unha autocaravana tivera unha saída de vía contra uns vehículos que estaban estacionados, facendo que acabaran sendo impulsados cara a terraza dun bar. O particular non podía concretar se había persoas feridas ou non.
De inmediato, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Finalmente, todo apunta a que o condutor sufriu unha indisposición previa, que fixo que perdera o control do vehículo, polo que o persoal sanitario encargouse do seu traslado ao centro hospitalario de referencia.