Site icon Crónica3.com A Mariña

Un camioneiro faleceu tras sufrir unha saída de vía na A-6 ao seu paso por Lugo

Lugo, 20 Setembro, 2024. Foi o único implicado no accidente e os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento.

Contra as 11:30 horas, as chamadas de diversos particulares alertaron ao 112 Galicia sobre este accidente: un camión saírase da vía e terminou envorcado contra a medianeira no quilómetro 499 da A-6, na parroquia lucense de Muxa e en sentido Madrid. O camioneiro permanecía inconsciente no interior da cabina e a carga do tráiler quedou esparexida polo asfalto.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Lugo, á Garda Civil de Tráfico e aos operarios do servizo de conservación da autovía. Tamén foron informados, aínda que finalmente non interviñeron, os axentes da Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lugo.

Deseguido, os profesionais sanitarios comunicaron a saída do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que nada puideron facer pola vida do implicado. Pola súa banda, os bombeiros confirmaron que non tiveron que empregar o seu material de excarceración.

Exit mobile version