Site icon Crónica3.com A Mariña

Un accidente entre dous coches e un camión deixa dous trasladados en Barreiros

Barreiros, 17 Setembro, 2024. Non foi necesario o uso do material de excarceración para liberar aos implicados.

Pouco despois das 8:30 horas desta mañá, produciuse unha colisión entre dous coches e un camión no quilómetro 28 da N-642. Segundo comentou o alertador ao 112 Galicia, os ocupantes dun dos turismos estaban atrapados no interior.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros para que puidesen ser liberadas as persoas atrapadas. Porén, non fixo faltar excarcerar. Tamén se avisou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Trala chegada dos servizos de emerxencias ao punto, estes confirmaron que non había persoas atrapadas en ningún dos vehículos. Ademais, indicaron que o accidente puido deberse a unha mala visibilidade por mor do sol, o que provocou que un coche cruzase varios carrís ata bater con outro turismo e un camión de grixo.

Como resultado, dúas persoas tiveron que ser trasladadas polo persoal sanitario. Pola súa parte, a dotación de bombeiros encargouse de levar a cabo labores de limpeza na vía debido a restos do accidente.

Exit mobile version