Site icon Crónica3.com A Mariña

Trasladado un traballador da Brigada contra Incendios Forestais logo de mancarse mentres cortaba unha árbore en Riotorto

Riotorto, 7 Setembro, 2024. O 112 Galicia tivo constancia do suceso pouco despois das 11:00 horas.

Quen informou do suceso foi un compañeiro seu, ambos membros da Brigada contra Incendios Forestais de Riotorto. Segundo indicou, a persoa mancouse mentres estaba a cortar unha árbore na Casanova, na parroquia da Órrea.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou ao ferido ata o Hospital Universitario Lucus Augusti.

Ademais das urxencias sanitarias, o 112 Galicia tamén informou á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riotorto.

Exit mobile version