O alcalde, Dani Vega, explicou que “dentro da planificación que estamos levando a cabo para a conservación da rede de estradas, da rede de infraestruturas do noso concello, evidentemente hai estradas que xa necesitaban un pleno arranxo por completo, por iso estamos investindo 315.000 euros nesas que estaban moi deterioradas, pero tamén observamos que noutros tramos certamente hai baches e que debemos evitar que iso se agrave, é dicir debemos traballar, planificar para que o estado deses vieiros non empeore”.
O rexedor anunciou que “tamén vamos planificar unha serie de bacheos para que as infraestruturas que están un pouco menos mal que outras que estaban nunha situación nefasta, temos que investir tamén para mellorar. Estamos planificando unha serie de bacheos que vamos facer agora, e despois un pouquiño máis adiante, tamén en puntos que entendemos baixo os criterios técnicos que evitando que iso empeore, que eses baches se sigan agravando, creo que é o mellor”.
Vega indicou que “dentro desa planificación que temos desde o Concello, agora co Plan Avanza Rural, con eses 315.000 euros que estamos actuando en varias parroquias con aglomerado, en breve actuaremos noutras estradas fundamentais e tamén sacaremos a licitación para aglomerar, tramos importantes que levaban moito tempo abandonadas. Tamén faremos uns bacheos que son necesarios para que as nosas estradas non vexan empeorada a situación na que se atopan e ir conservando e ir investindo tamén diñeiro, porque entendemos que unha planificación é a coordinación e a conservación das nosas estradas, das nosas infraestruturas”.