O rexedor dixo que “Ribadeo ten como obxectivo a inversión para mellorar as infraestruturas deportivas. Aprobamos unha cantidade de 400.000 euros e así vamos trazar unha estratexia de xestión ante as distintas administracións. Aquí estamos falando da Deputación e tamén da Xunta de Galicia. Pero temos que ter e temos que aprobar unha cantidade para arrancar con proxectos e ter esa porcentaxe que lle toca ao Concello de Ribadeo. E así non vamos a outras partidas que estamos vendo, que estamos tendo problemas, porque estamos solicitando subvencións, pero cando nos toca poñer a nosa partida, o presuposto, non temos esa estratexia”.
Vega contou que “agora analizamos con profundidade e temos que marcar unas liñas de actuación. O deporte, sen lugar a dúbida, é unha delas. E os edificios que levan certamente tempo abandonados debemos iniciar proxectos e así proceder á súa rehabilitación. Estamos a falar, por exemplo, do pavillón. Chove por dentro, aí hai mais caldeiros que en todo o Ribadeo e polo tanto hai que actuar con urxencia. Aí practícase o hockei, o fútbol sala, o baloncesto… unha multitude de deporte que debemos tamén dar esa resposta de inversión. Non vale dicir que se vai a facer e nunca concretalo. Agardamos que a Deputación poña o 40% do investimento, a Xunta o outro 40% e o Concello achegará o 20%. Agora xa o vamos concretar neste pleno con esa aprobación”.
O alcalde subliñou que “aquí vamos poñer nós unha cantidade e estamos tamén instando ás distintas administracións a que nos axuden. Vamos ver qué resposta nos dá a Deputación e coa Xunta de Galicia xa hai unha reunión trazada”.
Dani Vega explicou que “tamén vamos mellorar a entrada do Pepe Barrera e tamén certos edificios que eu creo que hai que aproveitar porque están abandonados, aí vamos tamén actuar no pavillón de Cubellas. Eu creo que hai que seguir apostando polo deporte no rural e unha entidade con tanta historia como o fútbol o sala de Cubellas, eu creo que hai que mellorar as súas instalacións. E tamén ese compromiso absoluto co campo de herba artificial. Aquí escoitamos á oposición, como se debe facer, traballar todos unidos e vamos agora ver cal é a resposta da Deputación e tamén da Xunta, porque necesitamos a colaboración. Neste caso tamén lle propoñeramos á Xunta de Galicia que poña o 40% e á Deputación o outro 40%”.
O rexedor engadiu que “si isto sae cunha proposta seria, cunha responsabilidade orzamentaria estes 400.000 euros poderemos devolvelos ou si consideramos investir noutras infraestruturas, que tamén falta lles fai”.