Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acollerá un curso de Kumite o 28 de setembro

Ribadeo, 19 de setembro de 2024. A Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo organiza, xunto coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, un Curso de Kumite que se celebrará o 28 de setembro.

A actividade será impartida por Rubén Villaverde Canal, campión de España en catro ocasións en categoría individual e outras tantas por equipos. Rubén Villaverde foi ademais dez veces campión de Asturias, seis veces campión nacional do estilo Gensei ryu, subcampión de Europa Junior 98, terceiro clasificado junior 97 e campión de Europa cadete 95.

O curso desenvolverase no polideportivo de Ribadeo de 11:00 a 13:00 horas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima aos amantes desta disciplina “a acudir a esta cita o 28 de setembro, que será impartida por todo un experto na materia, que conta con infinidade de premios e recoñecementos”.

Exit mobile version