Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou o prazo de presentación de candidaturas para renovar a xunta directiva de Acisa Ribadeo

Ribadeo, 12 de setembro de 2024. Ás 14:30 horas deste xoves, 12 de setembro, rematou o prazo de presentación de candidaturas para proceder á renovación da xunta directiva de Acisa Ribadeo. A este proceso so se presentou unha, a encabezada por Carmen Cruzado.

Segundo anunciou o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “ás dúas e media do mediodía deste xoves, 12 de setembro, remataba o prazo de inscrición de candidaturas para renovar a xunta directiva de Acisa Ribadeo. Rematado este período, so se presentou unha candidatura, que foi rexistrada o pasado 4 de setembro, cumprindo cos requisitos esixidos polos noso estatutos. Os seus integrantes son: Carmen Cruzado Iglesias, de Faro Norte Comunicación, como presidenta; Virginia Ezeiza Baltar, do Gastrobar Mareta, como vicepresidenta; Manuela Torviso Pérez, de Lencería Torviso, como tesoureira; Felipe Fernández Barcia, do restaurante A Horta de San Roque, como secretario; José Ramón Leal Segura, de Galería Terra Branca, como vocal; María Teresa Iglesias Basanta, de Hotel Restaurante Javier Montero como vocal; e Trinidad Otero Blanco, de Siñeiro Hogar, como vocal”.

Pérez Prada indicou que “a candidatura compre cos requisitos estatutarios precisos, nela represéntanse os tres principais sectores da asociación e supera con creces os mínimos previstos de paridade, sendo unha xunta conformado por 5 mulleres e 3 homes (dous directivos e o xerente)”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo engadiu que “ao terse presentado unha única candidatura o vindeiro xoves, 19 de setembro, ás 20:30 horas na asemblea xeral extraordinaria de Acisa, que terá lugar no Teatro, procederase á proclamación e toma de posesión da mesma e desde e mesmo día terá a plena capacidade de obrar como tal”.

Exit mobile version