As propostas culinarias serán a un prezo de 2,5 euros, e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local participante, entre as papeletas seladas cada semana polos catro establecementos participantes
A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e polos representantes dos establecementos participantes, Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González, respectivamente; na Casa do Concello esta mañá.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:
Caseto de Copa, Risotto ai funghi
Pousada O Almacén, Salpicón de bonito
A Taberna de Sargadelos, Guiso Celta
Café Bar Cultural A Sacabeira, Torrada de guacamole e boqueróns
As persoas interesadas en recibir información semanal, poden seguir as redes do Concello e tamén a páxina de facebook oficial do tapeo “Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos”.
https://www.facebook.com/profile.php?id=61556069280705