Site icon Crónica3.com A Mariña

Rafinha deixa o Pescados Rubén Burela FS

A xogadora brasileira xogou durante a tempada pasada no club mariñano, conseguindo dous títulos co equipo, Supercopa e liga

Burela, 10 de setembro, 2024. A á-peche brasileira Rafinha abandona a disciplina do Pescados Rubén Burela FS con dirección ao Ourense OnTime FSF, club polo que fichou para esta tempada 24/25. Rafaela Nicacio da Silva, natural de São Paulo e de 31 anos de idade, chegou no verán do 2023 ao cadro burelense procedente do Móstoles FSF e abandona a entidade mariñá despois dunha tempada na que colaborou na conquista da liga e a Supercopa. Na Mariña destacou pola súa fortaleza no traballo defensivo en pista así como polo seu carácter apracible e gran sentido do humor no vestiario.

Previa á súa estancia en Móstoles de dúas tempadas, a futbolista paulista, cunha dilatada traxectoria en equipos do seu país, defendera durante outras dúas campañas as cores do Sala Zaragoza.

Dende o club desexámoslle a mellor das sortes e moitos éxitos na súa carreira deportiva.

Exit mobile version