Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada unha nova edición do Trail Penedo do Galo, que terá lugar o día 22 de setembro

Viveiro, 10 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro e a Asociación Deportiva e Cultural Alboi Viveiro presentan unha nova edición do Trail Penedo do Galo, que terá lugar o día 22 de setembro.

O evento foi presentado polo presidente da asociación Alfredo Navarro Palmeiro, pola alcaldesa María Loureiro e pola tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez. A ACD Alboi organiza a competición co apoio do Concello e de Protección Civil.

O Trail Penedo do Galo 2024 realizará un percorrido circular en diferentes modalidades, con saída e chegada na praza do Concello. As inscricións poderán ser realizadas no enderezo web www.galitiming.com

Para máis información, as persoas interesadas no evento poderán contactar coa asociación a través do número 603 34 89 37, no correo electrónico alboiadc@gmail.com e das súas redes sociais.

Exit mobile version