As actividades comezan o día 28 de setembro coa representación de ‘Apaga o candil’ a cargo de Contraproducións
A primeira representación desta programación será ‘Apaga o candil’ da compañía Contraproducións, dirixida a un público adulto.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que “a 100 anos do seu nacemento, o teatro Pastor Díaz está máis vivo que nunca”.
“Sempre intentamos facer unha programación para todos, con todo tipo de actividades artísticas para todas as idades, dende teatro a música e danza”, afirma a concelleira.
Fernández-Noriega destaca que “para todas as compañías e artistas de Galicia o Teatro Pastor Díaz é un referente no circuíto teatral, grazas ao apoio da cidadanía de Viveiro acudindo aos espectáculos”.
“Vémonos nas butacas, agardamos que a programación dos vindeiros meses sexa do agrado de todos e todas e sexa un gran éxito de asistencia”, engade.
Despois da representación de ‘Apaga o candil’, a programación proseguirá o día 5 de outubro con ‘Cinco minutos sen respirar’ de Ítaca Teatro.