Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentacion da Tempada 2024-2025 das Escolas Deportivas da A.C.D. Xove

Xove, 15 de setembro, 2024. Este sábado, fíxose a Presentacion dá Tempada 2024-2025 das Escolas Deportivas dá ACD Xove, nas que participarán 253 alumn@s nas distintas disciplinas deportivas.

A ACD Xove, é a entidade deportiva de toda A Mariña que alberga o maior numero de disciplinas deportivas, adaptadas aos alumn@s, para que podan practicar varias á vez, de feito unha gran porcentaxe deless practican polo menos dúas nas idades mais temperás, e despois van escollendo, quedando só nunha en idades mais avanzadas. Con isto conséguese que teñan un “abano” deportivo mais amplo, e que ao final escollan o que mais se adapte ao seu gusto e as súas características. A idea final é que cada neno se adapte a un deporte, e nas idades mais avanzadas, estean a practicar actividade deportiva, afastándose doutro tipo de actividades. Así mesmo a ACD Xove, promove o deporte e as actividades en adultos, formando grupos de traballo interxeracionais, con pais e fillos á vez.

As Escolas e Actividades son as seguintes:

Escola de Futbol Sala: 72 alumn@s
Escola de Patinaxe Artística: 65 alumn@s
Escola de Badminton: 22 alumn@s
Escola de Atletismo-Duatlon: 9 alumn@s.
Escola de Karate: 22 alumn@s (17 nen@s + 5 adultos)
Escola de Surf: 34 alumn@s (17 nen@s + 17 adultos)
Escola de Baloncesto: 21 alumn@s.
Escola de Xadrez: 22 alumn@s.
Escola de Tenis de Mesa: 7 alumn@s
Escola de Xogos Pre-Deportivos (3-4 anos): 18 alumn@s
Escola de Pintura: 41 alumn@s (32 neno@s + 9 adultos)
Clases de Pilates e Fit-Dance: 46 alumn@s

A tempada dará comezo o luns, 16 de Setembro, e alongarase ata o 15 de Xuño de 2025.

A ACD Xove recibe un amplo apoio infraestrutural e económico, de parte do Concello, así como das preto de 200 familias asociadas á entidade.

Exit mobile version