Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia outorga á Confraría de Pescadores de Celeiro a concesión para explotación da nave de redes de cerco cunha bonificación do 95%

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2024. Portos de Galicia vén de outorgar á Confraría de Pescadores de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro, unha concesión administrativa para a explotación do edificio da nave de reparación de redes de cerco, situado en dominio público portuario. A concesión contempla a continuidade desta actividade que xa se viña desenvolvendo por 4 anos máis.

O título administrativo outorgado á Confraría de Pescadores de Celeiro contempla a aplicación do artigo 40 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. En base a el contempla unha bonificación do 95% das taxas por ocupación de dominio público por construción ou explotación de nave de redes que prestan servizo xeral ao usuarios do porto. Deste xeito, a Confraría de Pescadores de Celeiro abonará só o 5% das taxas por uso privativo dunha infraestrutura de dominio público portuario, co que abonará un total de 200 euros ao ano polo uso pola ocupación dunha nave de máis de 270 metros cadrados.

Exit mobile version