O conselleiro do Mar visitou a dársena na que se executarán tamén traballos de pavimentación da superficie do peirao e do vial de acceso
Villares explicou que a actuación prevista consta de dúas fases. A primeira, de inicio inmediato, consistirá no asentamento do peirao que presenta unha perda de material na base que provocou a apertura dunha fenda en superficie. Estes traballos de recalce do peirao contarán cun investimento de arredor de 25.000 euros.
Unha vez rematada esta primeira fase de obra levarase a cabo o seguemento da fenda para determinar a estabilización definitiva do peirao e cando este estea asentado procederase á pavimentación da súa superficie. Esta fase incluirá, así mesmo, a pavimentación de parte do vial de entrada ao porto e contará cun investimento aproximado de 30.000 euros.
Finalmente, os traballos previstos para a mellora do porto do Vicedo incluirán tamén a reparación das pezas metálicas laterais de protección do peiraos, que se atopan deterioradas pola acción do mar sobre elas.