Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro denuncia a existencia de fochancas na beirarrúa da Avenida de Ferrol e de maleza na contorna da igrexa de San Francisco

Viveiro, 20 de setembro, 2024. Na zona de entrada ós garaxes do edificio Ria de Viveiro, na Avenida de Ferrol, a beirarrúa esta moi deteriorada, como se pode ver na imaxe que se xunta, con varías fochancas e lousas rotas, feito que pode ocasionar situacións de risco para a seguridade das persoas que transitan diariamente pola devandita beirarrúa.

Maleza na contorna da igrexa de San Francisco

Por outra banda, na zona da igrexa de San Francisco colindante co Cantiño Lois Tobio a maleza invade parte das fachadas, feito que da lugar a unha imaxe de desleixo e abandono de toda a contorna. Rogamos ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a reparación das mencionadas deficiencias.

Exit mobile version