Recibimos moitas queixas das familias afectadas, xa que a piques de comezar o curso escolar non saben si teñen transporte para poder asistir aos seus respectivos institutos”, advirten
Nestes intres, a liña regular que da servizo á Mariña realiza a primeira parada con saída en Alfoz, polo tanto reclamamos que ese mesma saída se realice dende Mondoñedo, “para que o alumnado tamén poida asistir ás clases nos diferentes centros educativos da Comarca”, sinalan os socialistas.
”Recibimos moitas queixas das familias afectadas, xa que a piques de comezar o curso escolar non saben si teñen transporte para poder asistir aos seus respectivos institutos”, advirten.
Os socialistas de Mondoñedo tamén demandan a implicación do Goberno Municipal, e por iso instan ao PP de Mondoñedo “a tentar buscar unha solución con tódolos axentes implicados, ante a inexistencia de transporte público gratuíto a estes centros educativos. Entre todos temos que atopar unha solución a esta problemática que preocupa enormemente ás familias e que ademais pode dificultar gravemente a formación educativa da mocidade mindoniense”, remarcan dende o PSdeG.