Recibimos moitas queixas das familias afectadas, xa que a piques de comezar o curso escolar non saben si teñen transporte para poder asistir aos seus respectivos institutos”, advirten
Mondoñedo, 10 de setembro de 2024. Os Socialistas de Mondoñedo demandan ao Goberno do PP na Xunta de Galicia que habilite unha nova parada de autobús regular na cidade, co fin de dar servizo ao alumnado mindoniense para que poidan asistir aos centros educativos da Mariña.
Nestes intres, a liña regular que da servizo á Mariña realiza a primeira parada con saída en Alfoz, polo tanto reclamamos que ese mesma saída se realice dende Mondoñedo, “para que o alumnado tamén poida asistir ás clases nos diferentes centros educativos da Comarca”, sinalan os socialistas.
”Recibimos moitas queixas das familias afectadas, xa que a piques de comezar o curso escolar non saben si teñen transporte para poder asistir aos seus respectivos institutos”, advirten.
Os socialistas de Mondoñedo tamén demandan a implicación do Goberno Municipal, e por iso instan ao PP de Mondoñedo “a tentar buscar unha solución con tódolos axentes implicados, ante a inexistencia de transporte público gratuíto a estes centros educativos. Entre todos temos que atopar unha solución a esta problemática que preocupa enormemente ás familias e que ademais pode dificultar gravemente a formación educativa da mocidade mindoniense”, remarcan dende o PSdeG.