Un total de 25 persoas achegáronse a unha mestura de rochas ígneas de todas as composicións, deformadas a altísima presión e temperatura, instruíndose entre si e no encaixante metamórfico. Un espectáculo enmarcado en formacións actuais (praias rochosas e campos de dunas) de gran beleza, desfrutando dun gran día en Xove.
Os asistentes procedían dos concellos de Castro Ribeiras de Lea, Noia, Foz, As Pontes, Valdoviño, A Coruña, Mondoñedo, Barreiros e Monforte de Lemos.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense retomou a programación de actividades de Xeoturismo, posta en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola propia Mancomunidade, pola Xunta de Galicia e pola Secretaría de Estado de Turismo.
Todas as actividades de xeoturismo son gratuítas e están abertas ao público, pero é preciso anotarse previamente a través deste enlace. Neste momento quedan prazas libras para a visita guiada á Frouxeira que terá lugar o domingo 22 de setembro
https://amarinalucense.gal/es/geoturismo