Site icon Crónica3.com A Mariña

Ortigueira pon en marcha, xunto con Cariño, Mañón e Cerdido, a segunda edición do obradoiro “Terras do Ortegal”

Desenvolverase en Ortigueira e o alumnado distribuirase da seguinte maneira: 9 de Ortigueira, 5 de Cariño, e 3 de Cerdido e Mañón.

Ortigueira, 5 de setembro de 2024. O Concello de Ortigueira desenvolverá, conxuntamente cos Concellos de Cariño, Mañón e Cerdido, o obradoiro de emprego “Terras do Ortegal II”. Para levalo a cabo, Ortigueira recibiu da Xunta de Galicia unha subvención de 411.870 euros. O taller estará centrado no ámbito da atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. No formaranse un total de 20 alumnos e alumnas e terá unha duración de 9 meses.

A iniciativa foi proposta polo alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, quen suxeriu aos seus homólogos de Cariño, Mañón e Cerdido levar a cabo este proxecto conxunto, comprometéndose a asumir de maneira proporcional os custos non subvencionados que poidan xurdir. Segundo os termos do acordo entre os catro concellos, o de Ortigueira será o responsable da xestión técnica e administrativa do taller, incluíndo toda a tramitación e contratación do profesorado, así como a selección do alumnado.

O taller impartirase na propia localidade de Ortigueira, e a maioría dos participantes procederán deste municipio. Ortigueira formará e contratará a 9 persoas do seu municipio, 3 de Mañón, 5 de Cariño e 3 de Cerdido. Durante o desenvolvemento do taller dual de emprego, as e os alumnos-traballadores recibirán formación profesional en alternancia coa práctica profesional. Desde o inicio do taller, os participantes serán contratados polo Concello de Ortigueira baixo a modalidade de contrato para a formación e a aprendizaxe, e recibirán o salario correspondente.

Ao finalizar o taller, o alumnado recibirá un certificado expedido polo Concello de Ortigueira. Este certificado permitiralles solicitar o Certificado de Profesionalidade na especialidade de “atención a persoas dependentes en institucións sociais”, acreditándoos como profesionais cualificados para traballar tanto no servizo de axuda a domicilio como en centros de día e outras institucións sociais.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, afirma que “estamos muy satisfechos de haber conseguido sacar adelante la segunda edición de este taller de empleo en colaboración con los concellos de Cariño, Mañón, incluyendo ahora también a Cerdido”. “Este proyecto es una gran oportunidad para formar a nuestros vecinos y vecinas en un área tan esencial como la atención sociosanitaria a personas dependientes, un sector con una alta demanda laboral. Con esta iniciativa, no solo damos acceso a una formación de calidad, sino que también fomentamos el empleo en nuestra comarca, algo que es prioritario para nosotros”, asegura o rexedor.

Calvín insiste no agradecemento por “la implicación de los alcaldes de los concellos vecinos en este proyecto conjunto y su compromiso para garantizar que se pueda llevar a cabo de manera exitosa. Nuestro objetivo es que los participantes del taller no solo adquieran conocimientos teóricos, sino también experiencia práctica que les permita incorporarse al mercado laboral de manera inmediata”.

Exit mobile version