O acordo pide ao Instituto Español de Oceanografía unha campaña científica específica no Cantábrico e, en función das súas conclusións, medidas de xestión que permitan mellorar a situación
Os populares lograron o apoio das principais forzas políticas á súa iniciativa -que prosperou sen ningún voto en contra- e, deste xeito, mandarase ao Executivo central a encargar ao Instituto Español de Oceanografía (IEO) a que organice unha campaña científica prospectiva e específica en augas do Cantábrico. O acordo final incorpora unha emenda do PNV aceptada polo PP, pola que se suma a esta campaña científica o AZTI – Centro de Investigación Mariña e Alimentaria do País Vasco.
O obxectivo dos populares, facéndose eco das demandas do sector, é coñecer cal das hipóteses que se manexan sobre as causas deste descenso no número de capturas é a cientificamente relevante e, en función das conclusións que se aceden, que as distintas administracións pesqueiras e o propio sector adopte as medidas de xestión necesarias para corrixir e mellorar a situación.
A campaña da xarda, tamén coñecida como caballa ou verdel, en función do territorio, é unha das especies de interese pesqueiro máis relevantes da flota do cerco que faena no Cantábrico, ademais do impacto indirecto que ten nas empresas de transformación de peixe. Entorno a unha trintena de barcos lucenses participan nesta pesqueira que chegou a representar o 65% das vendas en lonxa por volume. A redución de capturas se traduce nunha baixada dos ingresos en pósitos como os de Burela, A Coruña ou Ribeira, onde esta especie ten un maior peso. Con todo ese non é un problema exclusivamente galego senón que afecta a toda a frota asturiana, cántabra e vasca.
Balseiro lembrou que o Goberno ten nas súas mans ferramentas desaproveitadas como é o IEO, que debe estar ao servizo dos intereses da pesca. A argumentación científica é clave non só para mellorar a pesqueira de moitas especies comerciais senón para lograr que as administracións pesqueiras e nomeadamente Europa, tome decisións máis acordes coas necesidades da frota. O Goberno de Pedro Sánchez, tan afastado dos intereses do noso mar, non pode seguir de brazos cruzados” concluía Balseiro, quen se felicitaba por este acordo.