Balseiro incide, ademais, en que “o Executivo só respondeu a 2 das 4 preguntas formuladas” en relación á continuidade da actividade da planta de San Ciprián e ao mantemento do emprego
Balseiro incide, ademais, en que “o Executivo só respondeu a 2 das 4 preguntas formuladas”. E engade que “o propio Goberno recoñece que obter un prezo da enerxía competitivo contribúe á viabilidade da planta de San Ciprián” e que “todas as decisións das administracións públicas se deben orientar a conseguir que Alcoa formule unha proposta para alcanzar a viabilidade das plantas”; pero “evita responder sobre a axilización dos trámites necesarios para autorizar, canto antes, os parques eólicos vinculados ás PPAs subscritas pola empresa con eléctricas para garantir a efectividade e o subministro do complexo industrial”.
Tampouco responde sobre a súa disposición a activar, se fora necesario, a intervención pública instrumental e temporal de Alcoa para, a través da SEPI como instrumento intermedio, buscar un operador fiable que presente un proxecto industrial, solvente e así garantir a actividade e manter todos os postos de traballo.
O senador mariñán aclara, ademais, que “o Goberno de Sánchez asegura que puxo en marcha instrumentos de apoio ás empresas grandes consumidoras de enerxía”; pero “o certo é que o Executivo ten marxe para poñer a disposición instrumentos públicos de apoio a esta industria como, por exemplo, aumentar ata o máximo permitido pola UE a compensación de custes indirectos de CO2”. Así mesmo, sinala que “o Goberno fale do PERTE de Descarbonización Industrial”; pero, “no seu momento, non lle foi concedido a Alcoa”.
O popular lembra que “a continuidade da actividade e o futuro de Alcoa está en entredito” ante a “incapacidade do Goberno de España por garantir un marco enerxético estable que lle permita á planta de San Ciprián, a única fábrica de aluminio primario en España, competir en igualdade de condicións co resto de plantas doutros países de Europa”.