Os populares esixen a promoción e difusión “en tempo e forma” desta festa de Interese Turístico Galego “con gran significado para todos os laurentinos”
“A faba, a nosa xoia por excelencia, é homenaxeada cada ano a primeiros de outubro, e este ano, a menos de 15 días da súa celebración, a situación é alarmante” porque, “a día de hoxe, ninguén sabe se a festa se vai celebrar, nin cando, nin de que maneira.
Os veciños e hostaleiros da vila trasládannos a súa preocupación porque “para moitas familias a faba é a súa única fonte de ingresos” e, ademais, “a festa supón un papel fundamental para a restauración e os comercios do pobo. A Festa da Faba non só representa a nosa cultura, senón que tamén é un motor económico para a restauración e os comercios da vila”, subliñan.
“É lamentable observar o desinterese e a desmotivación por parte dos nosos gobernantes, xa que a estas alturas a festa debería estar máis que anunciada en todos os medios e recibir a publicidade que merece. Esta celebración non só é importante para a nosa cultura, senón que tamén atrae a miles de visitantes de toda Galicia que se desprazan a Lourenzá a degustar e mercar este produto estrela”.
Dende o PP de Lourenzá consideramos que “é fundamental que a rexedora atenda a exercer as funcións que realmente son de interese para o seu pobo, tal como se comprometeu cos veciños”, conclúen.