Javier Castiñeira lamenta que “o alcalde pretenda seguir enganando aos usuarios e as súas familias”
Castiñeira asegura que “nos sentimos desilusionados porque o señor Cajoto o que quere é seguir enganando aos residentes e aos seus familiares. O gran problema que ten a residencia de Foz é o señor Cajoto que foi o que estableceu estas taxas e que agora non quere axudarlle aos usuarios e familias a intentar reducir eses prezos de taxas abusivas que el mesmo implantou”.
Os populares pídenlle que “non engane á xente” e “moito máis respecto aos usuarios e familiares da residencia”. De feito, subliñan que “non o cren nin os seus propios socios porque neste asunto ten a todo o mundo en contra: usuarios, familiares, socios de goberno (BNG) e ao Partido Popular”.
“Nós seguiremos loitando por un servizo público, que a residencia sexa accesible a tódolos veciños como se fixo no seu día, e que ningún veciño quede fóra polos prezos abusivos do señor Cajoto”, indicou o popular.
O portavoz cre que “está claro que é un tema de interese social e de humanidade”; polo que “lamentamos que o señor Cajoto prefira o teatro que a humanidade e o respecto a tódolos usuarios que demandan solucións”.