“O alcalde ten unha actitude absolutamente irresponsable de gran gravidade cando leva ao pleno a adxudicación do novo contrato sabendo que hai persoas que están na residencia e que non van a poder pagar este servizo” sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira
Dende o Partido Popular pídenlle a Cajoto que recapacite despois destes dous fracasos e que se sente a falar cos grupos políticos e cos familiares para darlle unha solución a este asunto e aliviar a subida das taxas, ben mediante un canón fixo que ten que pagar o Concello ou ben modificando as axudas de emerxencia que, no seu momento, foron deseñadas para casos de beneficiencia e non para as subidas que propón o equipo de goberno.
“O alcalde ten unha actitude absolutamente irresponsable de gran gravidade cando leva ao pleno a adxudicación do novo contrato sabendo que hai persoas que están na residencia e que non van a poder pagar este servizo. Trátase dun caso de interese público e social que é necesario resolver antes de que entren en vigor as taxas abusivas do señor Cajoto”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira
Incumprimento do artigo 78 do ROF
O PP de Foz tamén chamou a atención ao alcalde por incumprir o artigo 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) ao non ter convocado pleno ordinario de xullo, tal e como está pactado no pleno de organización que se fai ao inicio da lexislatura.